martes, 20 de marzo de 2018

BENVIDOS!!!


En setembro, empezou todo...
Xa levamos dous trimestres coa nosa experiencia LÓVA:
La Ópera Vehículo de Aprendizaje.
Neste curso 2017/18 no noso cole, un grupiño de profes estamos a traballar o proxecto LÓVA na aula de 1º de primaria.
Trátase dun proxecto educativo no que o alumnado forma unha compañía de ópera coas súas profesións e, ao longo de todo o curso, crean unha ópera que representarán en xuño.
O esencial do proxecto é o traballo do día a día na aula para fomentar a cohesión grupal a través de dinámicas, retos, e traballo cooperativo a prol un produto final: a ópera. 
De xeito paralelo, desenvólvense os estándares máis competenciais do curriculum, compatibles totalmente coa filosofía LÓVA.
As profes responsables recibimos formación LÓVA a través do CFR de Ferrol, con Mary Ruth McGinn y Peter Hoyle en xullo de 2017 no teatro Jofre de Ferrol.
Estamos moi ilusionad@s e convencid@s de que LÓVA sacará o mellor de cada individualidade en beneficio da compañía.
Xa vos contaremos..!





http://proyectolova.es/



1 comentario:

SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...