O pasado xoves 15 de marzo, foi un día estupendo. Fixemos unha excursión a Viveiro para coñecer un centro de persoas moi maiores onde reciben todo tipo de coidados.
O seu nome é Betania.
Parecéunos que podiamos aprender algo para a nosa ópera. Lembrade que o tema é/son "Os coidados".
O seu nome é Betania.
Parecéunos que podiamos aprender algo para a nosa ópera. Lembrade que o tema é/son "Os coidados".
Os coidados deben estar presentes en calquera cousa que fagamos. Se vivimos a nosa vida coidando das persoas e das cousas importantes cada día, viviremos mellor.
O que ía ser unha simple visita, convertíuse nunha xornada de convivencia entre persoas moi maiores e nenos e nenas de seis anos: nós.
Xogamos, falamos, cantamos, bailamos, e ata os acompañamos no comedor.

Estaban todos e todas moi contentos, e nós tamén porque nos sentimos moi a gusto.
As persoas moi maiores deben facer todas as cousas despacio e con moito coidado, porque están delicados.
Despois da visita, fomos a un parque á beira da ría e xogamos moito
Para rematar o día, subimos a unha alta terraza de un hotel a tomar un refresco. Imaxinamos como sería a vista dende una terraza en Nova Iorke (lugar onde transcorre a nosa ópera).
Pero nos esperaba a gran sorpresa do día... Raquel, a nosa profe do ano pasado, véunos ver!!! Ela é de Viveiro.
Foi emocionantísimoooo! Que alegría!
Raquel, querémoste!!
Unha experiencia preciosa para todos e todas!
ResponderEliminar