venres, 22 de xuño de 2018

CHEGÓU O MOMENTO!

É hora de presentar o traballo realizado durante todo o curso. É hora da estrea da nosa ópera, en tres lugares diferentes, en tres datas diferentes: 
12, 13 e 14 de xuño de 2018!!


Martes,12 de xuño. Repesentación no Salón de Actos do cole. 
Estabamos bastante tranquilos, a pesar dos apuros de montaxe, pois era na nosa casa. Asistiron todo o alumnado e profesorado. Ese día, démonos conta de que sí, podiamos! 






Mércores, 13 de xuño. Representación no Auditorio Municipal de Cariño 
Estaba cheo de xente. Todo era máis grande, pero non estabamos nerviosos. Só algo apurados.

Os iluminadores repasan os botóns da mesa de control.


As maquilladoras e figurinistas teñen todo a punto. Tod@s queremos estar guap@s...



O director e a rexedora, saúdan ao público, nun escenario que semella un caos. As compositoras, nos seus postos. O esquío, xa pasea por Central Park.

Que ben organizaron ese caos os escenógrafos! As caixas por un lado son árbores, e por outro, edificios.. Todo moi lixeiro e apilable, sobre pequenas plataformas con rodas.

A compañía se despide cantando Olélé e agradece os aplausos

Xove, 14 de xuño. Representación no teatro Pastor Díaz (Viveiro) 
Foi un día moi especial... Unha maravilla de teatro, de principios do século XX, no outono cumplirá 100 anos.
Nos trasladamos en autobús con todo o montaxe da ópera, e nos acompañaron moitos familiares. Algúns non puideron vir por motivos de traballo. Comimos nun restaurante tod@s xunt@s.
Chegando ao teatro. Esperando ao encargado, Luís, que nos ensinóu todo o teatro. Que ben nos tratóu! Grazas, Luis!


A nosa exposición

A mesa é algo diferente, está nunha cabina moi alta, desde onde vemos todo o escenario.

Todo dixitalizado..

As maquilladoras, nos camerinos, dominan o oficio á perfección

Mirade que gran traballo..

Recibimos a un montón de nenos e nenas, cós seus profes. Tamén veu Raquel, a nosa profe do ano pasado, cos seus alumnos e alumnas, aínda que non está na foto.



Os documentalistas, no seu posto. Mirade que preciosidade de teatro... Cada cole tiña a súa zona reservada, cun carteliño, no patio de butacas.



Que nenos e nenas máis riquiñ@s!

TODO  O MUNDO NOS FELICITABA.
FOI MOI MOI EMOCIONANTE, RETO CONSEGUIDO!!
SOMOS QUEN DE CREAR UNHA ÓPERA!

SOMOS QUEN DE FACER TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS, CÓ NOSO ESFORZO, ENTUSIASMO E AMOR!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...