martes, 20 de marzo de 2018

BENVIDOS!!!


En setembro, empezou todo...
Xa levamos dous trimestres coa nosa experiencia LÓVA:
La Ópera Vehículo de Aprendizaje.
Neste curso 2017/18 no noso cole, un grupiño de profes estamos a traballar o proxecto LÓVA na aula de 1º de primaria.
Trátase dun proxecto educativo no que o alumnado forma unha compañía de ópera coas súas profesións e, ao longo de todo o curso, crean unha ópera que representarán en xuño.
O esencial do proxecto é o traballo do día a día na aula para fomentar a cohesión grupal a través de dinámicas, retos, e traballo cooperativo a prol un produto final: a ópera. 
De xeito paralelo, desenvólvense os estándares máis competenciais do curriculum, compatibles totalmente coa filosofía LÓVA.
As profes responsables recibimos formación LÓVA a través do CFR de Ferrol, con Mary Ruth McGinn y Peter Hoyle en xullo de 2017 no teatro Jofre de Ferrol.
Estamos moi ilusionad@s e convencid@s de que LÓVA sacará o mellor de cada individualidade en beneficio da compañía.
Xa vos contaremos..!





http://proyectolova.es/



QUEN SOMOS? (Setembro)

Somos un grupo de 20 alumnas e alumnos de 1º de Educación Primaria do cole de Cariño, na provincia da Coruña.







Nada máis empezar o curso, e despois de moito debatir sobre o que era, formamos unha Compañía de Ópera.
Necesitabamos un nome e puxémonos a pensar nun que nos dera identidade. Tódolos nomes que se nos ocurriron eran bonitos, e significaban algo importante. O que máis nos gustou foi o de LÚA. Por iso...

SOMOS: "LÚA COMPAÑÍA DE ÓPERA

 
A lúa brila. A lúa é redonda e, ás veces, moi delgada como unha C.  
A noite é escura e non nos gusta a escuridade.
A lúa ilumina a noite, igual que un candil. O candil é un dos nosos obxectos simbólicos e nos gusta telo cerca.



NECESITAMOS UN LOGO (Outubro)



Un logo é un debuxo moi sinxelo para acompañar o nome e facelo máis visual e bonito.
Deseñamos os nosos e foi moi difícil decidirnos por un.




O que máis nos gustou polo seu colorido e por representar con corazón a nosa lúa foi este...


   

    




Velaí o noso logo xa rematado!!



O logo estará sempre acompañado polo remo, como símbolo que nos recorde que debemos remar xunt@s para avanzar. Así o aprendimos do conto de Olélé



COUSAS IMPORTANTES (Outubro)

Tod@s temos obxectos importantes, e por motivos moi diferentes. Un día, levámolos á clase e tod@s explicamos por que eran importantes.  






A través do que significaban os nosos obxectos, aprendimos moitas palabras que teñen que ver con cousas que nos pasan a tod@s.





En todas as palabras estaba presente algo que os nenos e nenas coñecemos moi ben.. Os coidados, e de aí saíu o tema da nosa ópera, despois de moito debater. Todos e todas temos alguén que nos cuida, e nós tamén cuidamos de alguén. Se practicamos os coidados de todo tipo na nosa vida, estaremos moito mellor.


Máis tarde, falamos de como son e como se comportan as persoas, e xurdiron moitas palabras. Son as cualidades humanas, que unhas son  positivas, pero outras non tanto, e témolas que mellorar.


Con varias cualidades, xa podemos crear personaxes para a nosa ópera.














DINÁMICAS E RETOS

Xa temos unha identidade e temos, ademais, un obxectivo claro: crear unha Ópera!
A Compañía debe estar unida e traballar de forma responsable.
Poñémonos en marcha a través de dinámicas e retos a superar que, día a día, fortalecen á Compañía, nos axudan a coñecernos e a solventar os nosos conflitos.
Ademais, tódolos retos e dinámicas son moi divertidos, uns máis ca outros..
Todos e todas somos necesarios e importantes! Velaí algunhas delas

As pedras da concentración: Ninguén nola pode "roubar".





As estatuas. Representan emocións ou situacións



Reto da alfombra: Con todo@s de pé sobre ela, hai que darlle a volta sen saír fóra.




Reto do globo: Hai que mantelo no aire, máis só lle podemos dar unha vez.





A silla baleira: Decimos cualidades do nen@ que a ocupa.





Reto das sillas: Evitar entre todo@s que unha persoa ocupe a única silla libre.







Concentración e memoria: as cartas



       


As fichas de dominó: Buscamos metáforas. Se cae unha, caen todas.





        






Reto dos ollos vendados: Protexemos e guiamos ao compañeir@. 


  

    

A ameba/o polbo: O nen@ do centro, dirixe os movementos moi lentamente.






Masaxeamos os ombreiros do compañeir@ de diante sentados en círculo: O tren do masaxe. Nos encanta!
     



Representamos cualidades humanas


   



Nove sobre a corda: Temos que invertir a nosa posición na corda, sen saír dela.





A tea de araña: Tod@s estamos unidos por fíos, e cada movemento afecta a toda a compañía.






Encadeados..Hai que desencadearse!!








SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...