Somos un grupo de 20 alumnas e alumnos de 1º de Educación Primaria do cole de Cariño, na provincia da Coruña.
Nada máis empezar o curso, e despois de moito debatir sobre o que era, formamos unha Compañía de Ópera.
Necesitabamos un nome e puxémonos a pensar nun que nos dera identidade. Tódolos nomes que se nos ocurriron eran bonitos, e significaban algo importante. O que máis nos gustou foi o de LÚA. Por iso...
SOMOS: "LÚA COMPAÑÍA DE ÓPERA"
A lúa brila. A lúa é redonda e, ás veces, moi delgada como unha C.A noite é escura e non nos gusta a escuridade.
A lúa ilumina a noite, igual que un candil. O candil é un dos nosos obxectos simbólicos e nos gusta telo cerca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario