Os nosos personaxes necesitan relacionarse entre eles, coas súas características e as súas motivacións persoais, que son aqueles desexos que fan que as persoas fagamos moitas cousas.
Cando buscamos un lugar e un tempo para desenvolver a nosa ópera, non foi moi difícil decidirnos por Nova Iorque. Nos parecía incrible que alí houbera edificios de máis de cen pisos, porque en Cariño son moito máis baixos.
Elsa e Raúl, son irmáns xemelgos que agora viven en Nova Iorque. Belinda, Martina e Bruno, fixéronse moi amigos porque os seus pais e o tío de Bruno son amigos, e fan moitos plans xuntos. Os tres irán de viaxe a Nova Iorque coas súas familias, e atoparán a Elsa e a Raúl.
Todos ían ao mesmo cole cando eran máis pequenos, pero agora coincidirán nunha aventura..
Ningún comentario:
Publicar un comentario