OBRADOIROS
- Guionistas: Ana Seixido é escritora e traballa como guionista para moitas series da TVG moi coñecidas. Ensinóunos que se pode crear unha historia a partir de calquera cousa ou suceso. Os guionistas, escriben todo o que os intérpretes falan no escenario.
- Compositores: Antonio Rodriguez (Chechu), é profesor de guitarra do conservatorio de Viveiro. Con el aprendimos a crear ritmos e melodías. Xogamos cos sons e vimos que hai moitos tipos de melodías. Cada melodía recorda a unha emoción diferente e aporta moita expresión ao guión.
- Intérpretes/director: Elixio César Silvent é actor e director de teatro na compañía "Ultreia". Tivemos oportunidade de ver unha das súas últimas producións, o excelente e divertido musical "Chicago". Con el dramatizamos moitas situacións da vida cotiá, algunhas moi divertidas.
- Escenógrafos/carpinteiros: Carlos Ferro Ares, pai da nosa compañeira Aitana, é carpintero/ebanista. Preparóunos un obradoiro de carpintería con moitas ferramentas e fixemos un guiñol. Explicounos a forma correcta de utilizar cada ferramenta, sempre con moito coidado..
- Maquilladores/perruqueir@s: Mª Dolores Balseiro, nai de Alba, é perruqueira/maquilladora. Déunos moi bos consellos para preparar ben a pel, e fixo varios tipos de maquillaxes.
- Iluminadores: Jorge Fraguela, pai de Alex, é electricista. Con el fixemos focos de iluminación. Vimos os cables e os enchufes por dentro, que están cheos de pezas igual que os puzles. Parecía incrible!
- Director de produción/RRPP: Laura Cuevas é produtora audiovisual. Traballou en moitos programas da televisión tanto nacional como autonómica. Explicóunos moi ben o que é producir eventos, como cando os nosos pais "producen" o noso cumpleanos..Díxonos que o director debe ser unha persoa moi organizada, para coordinar todo moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario