A través do que significaban os nosos obxectos, aprendimos moitas palabras que teñen que ver con cousas que nos pasan a tod@s.
En todas as palabras estaba presente algo que os nenos e nenas coñecemos moi ben.. Os coidados, e de aí saíu o tema da nosa ópera, despois de moito debater. Todos e todas temos alguén que nos cuida, e nós tamén cuidamos de alguén. Se practicamos os coidados de todo tipo na nosa vida, estaremos moito mellor.
Máis tarde, falamos de como son e como se comportan as persoas, e xurdiron moitas palabras. Son as cualidades humanas, que unhas son positivas, pero outras non tanto, e témolas que mellorar.
Con varias cualidades, xa podemos crear personaxes para a nosa ópera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario