A Compañía debe estar unida e traballar de forma responsable.
Poñémonos en marcha a través de dinámicas e retos a superar que, día a día, fortalecen á Compañía, nos axudan a coñecernos e a solventar os nosos conflitos.
Ademais, tódolos retos e dinámicas son moi divertidos, uns máis ca outros..
Todos e todas somos necesarios e importantes! Velaí algunhas delas
Reto do globo: Hai que mantelo no aire, máis só lle podemos dar unha vez.
A silla baleira: Decimos cualidades do nen@ que a ocupa.
Reto das sillas: Evitar entre todo@s que unha persoa ocupe a única silla libre.
As fichas de dominó: Buscamos metáforas. Se cae unha, caen todas.
Reto dos ollos vendados: Protexemos e guiamos ao compañeir@.
Nove sobre a corda: Temos que invertir a nosa posición na corda, sen saír dela.
A tea de araña: Tod@s estamos unidos por fíos, e cada movemento afecta a toda a compañía.
Encadeados..Hai que desencadearse!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario