O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.
Pedíronnos que lles contaramos a nosa experiencia LÓVA, e así o fixemos. Publicaron este artigo na contraportada, antes da estrea en Viveiro. Pareceulles unha gran idea invitar aos nenos e nenas de tódolos coles de Viveiro.
Ademais, o último día de curso chamounos por teléfono a redactora na comarca do Ortegal de "La Voz de Galicia", con quen xa tiñamos contactado en varias ocasións, e nos puxera unha reseña no seu xornal anunciando a nosa exposición de pinturas. Pero foille imposible vir antes polo cole... Dedicounos un espazo no comarcal do día 28 de xuño, xa despois da estrea.
Moitas grazas por difundir o noso traballo a "El Progreso" de Lugo, e "La Voz de Galicia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario