Útimos preparativos antes da estrea no salón de actos do noso cole. Servirá como ensaio xeral previo ás dúas seguintes representacións, no auditorio de Cariño e no teatro Pastor Díaz de Viveiro. Así traballan os nosos profesionais! Os que xa remataron, axudan a outros.
Cada escenario é diferente, e coas súas características, por iso é importante coñecelos previamente.
Mirade os escenógrafos. Algún irmán e irmá maior, ofrecéuse para axudar. E así o fixeron.
No decorado, as partes traseras dos edificios, convertiranse en árbores.
E aquí temos aos iluminadores
As figurinistas preparan un distintivo para as compositoras
As compositoras, con moito ritmo, e sempre acompasadas.
Auténticos maquilladores. Cuidando moito a pel
Salón de Actos do cole
Teatro Pastor Díaz
Os nenos e nenas de Viveiro xa contactaron cós RRPP para confirmar asistencia. Virán todos e todas! Están moi contentos de que os teñamos invitado. Algo máis de 300 nenos e nenas!
E nós, emocionados, ilusionados e algo nerviosos, porque queremos que saia todo ben, para non decepcionar ao público que veña ás representacións.
Por iso adicamos varias tardes á semana a ensaiar con toda a compañía. Cada un debe saber cal é o seu papel, e estar moi pendiente da súa función.
Ahh, e lembrados ás persoas maiores de Betania?? Pois virán tamén unhas 20 persoas á estrea en Viveiro..
Fainos moita ilusión!! Temos moi grato recordo deles.
Ahh, e lembrados ás persoas maiores de Betania?? Pois virán tamén unhas 20 persoas á estrea en Viveiro..
Fainos moita ilusión!! Temos moi grato recordo deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario