luns, 28 de maio de 2018

MAIO... INTENSO MES

E xa estamos a 24 de maio!! Estas últimas semanas pasaron moi rápido, sen darnos conta, metidos de cheo nos obradoiros dos diferentes oficios. Xuntanza semanal da compañía para planificar, e traballo, traballo, e traballo. Ao principio as compositoras ían á biblioteca con Inés, os intérpretes ao salón de actos con Deli, e as demais profesións na aula con Eugenia. Hai que coordinalo todo e ensamblar ben as pezas. Últimamente, compositoras e intérpretes xa ensaian xuntas. Estamos algo nerviosos, pero confiados porque as cousas van tomando forma e imos avanzando. Os que van rematando as súas tarefas, axudan a outros oficios.

O director de produción está centrado no seu pequeno saúdo inicial, para explicarlle ao público as ideas básicas do traballo realizado. Fai pequenas gravacións para acordarse de todo. 


Dende que os guionistas remataron o libreto, Ainhoa se prepara como rexedora. Debe estar pendiente de todo o que ocurre na escena. Di que lle resulta doado, pois xa sabe caseque todo o guión de cando o escribía.
Samuel, actuará como músico colaborando coas compositoras.




As compositoras coñecen moi ben o guión para saber donde entrar coas as pezas musicais, aínda que a rexedora está moi pendente. Tamén fixemos exercicios de ritmo con toda a compañía.







Os escenógrafos non paran de crear elementos escénicos...

















Ata fan dous esquíos cunhas zapatillas.



Os RRPP fixeron invitacións, cartéis, entradas, e están rematando a recopilación de todo o proceso.  Aproveitaron o Skyline feito polos escenógrafos, para facer o cartel da ópera. Fixeron unha composición coa fotografía dos intérpretes e o skyline de fondo, coa axuda de Jesús (profe TIC). Traballaron pasiño a pasiño cun programa que se chama GIMP e permite traballar por capas. Aprenderon a inxerir imaxes, cuadros de texto, arrastrar, agrandar, diminuir, e recortar. Foi como montar un puzle con distintas pezas, porque primeiro decidiron onde colocar cada cousa. Hai que coñecer ben os iconos para utilizalos correctamente. Pero manexaron poucos.








Fixeron invitacións para os alumnos de 1º dos coles de Viveiro e de Vicedo... Sete coles en total.




E todos colaboraron a recortar as entradas invitación..Para saber cantas entradas podiamos facer, necesitamos contar tódolos nenos e nenas de 1º de cada cole, e saber o aforo de cada teatro. Foi un pouco difícil. Moitas sumas e comparacións de números.





Mañá será un día divertido. As maquilladoras farán as probas de maquillaxe. Os figurinistas están buscando a roupa que decidiron para cada personaxe e xa conseguiron o máis importante. 

E hoxe tamén foi un día especial porque recibimos as camisetas co noso logo. Están moi chulas!







































1 comentario:

  1. Enhorabuena, compañía. Estáis trabajando muchísimo y se nota. Mucha gente va a quedar sorprendida. Dirán: “Pensábamos que eran niños pequeños y que no podrían hacer todo esto, pero estábamos equivocados”. Y en el día del estreno toda vuestra compañía brillará como una hermosísima luna llena.

    ResponderEliminar

SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...