mércores, 16 de maio de 2018

VIAXAMOS CON GOOGLE EARTH

Onte na aula de informática, fixemos unha viaxe virtual con Jesús, o profe TIC, a Nova Iorque!!! Hai ferramentas que o permiten... Ista chámase "google earth", e pódense facer visitas por case todo o mundo. 
Vimos perfectamente a estatua da liberdade, que está nunha pequena illa chamada Liberty Island. 
Preto do porto de Nova Iorque, hai varias illas, na desembocadura do río Hudson. Debe ser precioso...


Vimos ademais algunhas rúas con altísimos rañaceos e, porsuposto, nos metimos en Central Park.



 






Seguro que Elsa, Raúl, Martina, Belinda e Bruno andan por eses lugares...
Todo alí debe ser inmensooo!
Algún día, iremos a Nova Iorque...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...