O día 12 de decembro tivemos a visita de Pedro Sarmiento, coordinador LÓVA, acompañado por Jose Sordo, o noso asesor do CFR de Ferrol.
Interesáronse moito por todo o que estamos facendo, e contámoslles todo o proceso. Nos acompañaron nas dinámicas.
Fixemos a dinámica "Yo tengo un tic", moi ben dirixida polo remeiro, e unha dinámica de percusión con envases, que nos encanta, a pesar de ser moi difícil...Ese día non estabamos ben coordinados.
Aquí está o remeiro maior dirixindo a sesión
Aquí, representamos cualidades dos personaxes que estamos creando.
Foi un día diferente porque nos encanta recibir visitas.
Grazas Pedro, e grazas, Sordo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario