martes, 20 de marzo de 2018

ELIXIMOS A NOSA PROFESIÓN (Novembro)

Xa coñecemos tódalas profesións. Agora, temos que elixir a nosa para empezar a facer a ópera. 
Tentamos explicar por que nos gustaba a profesión que escollimos: se nos dá ben, nos gusta, podémolo facer.
Dende logo, ímonos empregar moi a fondo.
Cubrimos unha solicitude, e despois dalgún tempo nos fixeron entrega destes impresos coa nosa profesión.
Foi un día moi emocionante cando a directora nos reuníu a toda a compañía no salón de actos do cole para a entrega.




Queda formalmente constituída 
"LÚA COMPAÑÍA DE ÓPERA"!!!

Director de produción: Marcos.
Guionistas: Samuel e Ainhoa.
Compositoras: Daniela e Aroa.
Escernógraf@s/electricistas: Pablo, Alex, Alvaro, e Paula.
Maquilladores/figurinistas/perruqueir@s: Sara, Hugo, e Natalia.
Intérpretes: Lucas, Iria, Eva, Manuel, Alba, e Aitana.
RRPP/documentalistas: Carmen e Ian.


Preparamos unha sesión LÓVA especial e invitamos á clase de 3ºA. Tod@s traballamos na preparación. Foi a nosa primeira práctica como compañía, antes das vacacións de Nadal.


Os escenógrafos, buscaron a aula adecuada. Os RRPP/documentalistas, informaron a dirección, localizaron cámaras de fotos e repartiron a invitación para o grupo. Os guionistas escribirion as dinámicas elixidas. As compositoras ensinaron a canción de Olélé. Os intérpretes elixiron as dinámicas. Os figurinistas, elexiron un adorno para levar tod@s ese día.

Foi un día moi intenso!!











CREAMOS PERSONAXES (Novembro)

Aprendendo a expresar como nos sentimos, usamos moitas palabras que teñen que ver coa forma de ser e de sentir das persoas. Son as cualidades persoais.  Lembramos todas as que anotamos..



Seleccionamos bastantes cualidades e creamos cinco personaxes.











Cada personaxe ten tamen desexos, soños e motivos diferentes para facer cousas.

VISITA DE PEDRO SARMIENTO (Decembro)

O día 12 de decembro tivemos a visita de Pedro Sarmiento, coordinador LÓVA, acompañado por Jose Sordo, o noso asesor do CFR de Ferrol.
Interesáronse moito por todo o que estamos facendo, e contámoslles todo o proceso. Nos acompañaron nas dinámicas. 


Fixemos a dinámica "Yo tengo un tic", moi ben dirixida polo remeiro, e unha dinámica de percusión con envases, que nos encanta, a pesar de ser moi difícil...Ese día non estabamos ben coordinados.
Aquí está o remeiro maior  dirixindo a sesión 

                      





Aquí, representamos cualidades dos personaxes que estamos creando.
Foi un día diferente porque nos encanta recibir visitas.
Grazas Pedro, e grazas, Sordo!

DAMOS VIDA AOS PERSONAXES (Decembro)

Os nosos personaxes necesitan relacionarse entre eles, coas súas características e as súas motivacións persoais, que son aqueles desexos que fan que as persoas fagamos moitas cousas.







Cando buscamos un lugar e un tempo para desenvolver a nosa ópera, non foi moi difícil decidirnos por Nova Iorque. Nos parecía incrible que alí houbera edificios de máis de cen pisos, porque en Cariño son moito máis baixos.



Elsa e Raúl, son irmáns xemelgos que agora viven en Nova Iorque. Belinda, Martina e Bruno, fixéronse moi amigos porque os seus pais e o tío de Bruno son amigos, e fan moitos plans xuntos.  Os tres irán de viaxe a Nova Iorque coas súas familias, e atoparán a Elsa e a Raúl. 
Todos ían ao mesmo cole cando eran máis pequenos, pero agora coincidirán nunha aventura..






ESTRUTURA DRAMÁTICA. (Xaneiro)

Parecía complicado deseñar unha estrutura dramática para a nosa ópera pero, a base de moito debate, foi tomando algo de forma. Os feitos teñen que sucederse de forma moi secuenciada para acadar unha boa liña argumental. 
Xa estamos moi familiarizados cos nosos personaxes.
Empezamos polo principio...

ACTO I
Os cinco nenos se atopan en Central Park. 
Bruno recoñece a Elsa e Raúl, que botan landras aos esquíos.
Inician un contacto, e empezan a recordar cousas.
Xogan xuntos e, de súpeto, ven un esquío que semella ter unha patiña ferida.

ACTO II
Deben buscar axuda para curar ao esquío e, cando todo parcía solucionado, pérdense en Nova Iorque. Mentres solucionan o seu problema, falan das súas preocupacións e inquedanzas, fortalecendo a súa amizade.

ACTO III
Moi contentos, entéranse da celebración dun concerto do seu grupo de Rock favorito (os calavera). Deciden convencer aos pais para que os acompañen ao concerto, e preparan unha xuntanza na piscina da terraza dun hotel para falar con eles.
Conseguirán que os pais os acompañen ao concertooo???


Representamos moitos tablóns de cada situación. Foi moi divertido..









Xa podemos empezar o libreto, e seguir dándolle forma á estrutura dramática! Cada acto terá moitas secuencias, haberá que incluír composición musical, escenografía, e perfilalo todo moi ben.

VISITA DE MIGUEL GIL (Febreiro)

O martes día 22 de febreiro tivemos a visita de Miguel Gil Casado, un profe de Madrid que leva facendo LÓVA moitos anos. Veu con Sordo porque tamén asesora e coordina o traballo das compañías de ópera LÓVA, xunto con Pedro Sarmiento, que xa nos visitou.
Grazas, Miguel!




Interesouse polo noso traballo, e cada grupo de profesionais contoulle o que estamos a facer.

Realizamos varias diámicas con el, e o reto da confianza, que parece moi fácil pero hai que deixarse caer e confiar en que os teus compañeiros te aguanten.





Deli, Inés e Eugenia, tamén fixeron o reto..




O LIBRETO (Febreiro)


Temos personaxes, temos tema, temos tese, temos lugar e temos estrutura dramática.
Xa podemos empezar o Libreto! No libreto escríbese todo o que sucede na ópera. Hai tres partes chamadas "actos". Toda a compañía debe coñecer moi ben o libreto para saber como deben traballar dende o seu oficio, e adaptarse ao que vai ocurrindo en cada acto.
Poñémonos a funcionar, cada un dende o seu oficio, alternando reunións con toda a compañía. Sempre hai que tomar decisións importantes.



Os guionistas escriben os guións

Os RRPP contactan coa prensa, coa concellería de cultura, e farán invitacións e cartéis.    


As compositoras crean as primeiras composicións musicais, para incluílas no libreto.

           

Os figurinistas e maquilladores/perruqueiros, deciden as roupas para cada personaxe, en función da súa personalidade.

Os escenógrafos e iluminadores deciden como será o decorado do escenario, e fan os primeiros bocetos

O director de produción, coordina como vai o traballo dos diferentes oficios.

Os intérpretes, van familiarizándose cós guións.

Todo deberá encaixar perfectamente!!







AS NOSAS OBRAS DE ARTE (Marzo)

Na clase de plástica fixemos unhas obras de arte, en cera branda, moi coloristas. Combinamos formas e cores, e analizamos despois o que nos suxerían. Saíron moi orixinais.









Puxémoslles un título, e despois organizamos unha exposición no local social do concello, para despois vendelas.
Os RRPP falaron co concelleiro de cultura para solicitar o local, e non houbo ningún problema. Foi unha xestión sinxela.













O diñeiro que recaudemos ímolo empregar nunha excursión a Viveiro para coñecer Betania, unha residencia de maiores. Xa vos contaremos.

Cada pintura leva un certificado de autenticidade firmada pol@ artista que a creóu.


   
Así quedaron unha vez rematadas.



















Tardamos unhas cantas semanas en realizar a venda, pois tivemos que esperar a un venres que non chovera.
Os nosos RRPP pediron permiso ao concello, e nos facilitaron unhas mesas...





Por fin chegóu un venres de bo tempo. A primeira hora fomos ao banco a buscar cambio, e o papá de Iria levounos as obras de arte no seu coche ata o mercadiño.
Vendimos tódalas pinturas! 
Foi divertido poñer un posto no mercado municipal!


























































SAÍMOS NA PRENSA!

O diario "El Progreso" de Lugo interesouse moito pola nosa compañía de ópera, en canto os nosos RRPP contactaron con eles.  Ped...